lunes, 3 de diciembre de 2007

Furia a.c. - Levao pa´ casa

Se o domingo pasado xa resaltamos que o arbitro non se enteraba moito da boia, pois esta xornada tocounos aturar a un auténtico mamón que veu facer o ridículo en vez de arbitrar un partido de fútbol. Xa antes de saltar ao terreo de xogo entre os propios xogadores estuvemos falando da chulería que tiña este tan só pola maneira da que chamou os equipos para vestiarios e coa revisión de fichas. Xa se oían comentarios de que ía armala. E así foi.
Sobre o min. 15 ao aplicar unha lei da vantaxa tras unha patada na cara a un dos nosos, perder o balón e ter que os adversarios tirala fora, que me diga onde hai aquí vantaxa algunha para aplicar esta lei, pois armouse. Todos inmediatamente fomos protestarlle e o colexiado ainda por riba encarouse cara o banquillo e claro o noso adestrador quente "coma unha cosiña de ferro" pasouse un pouco, pero bueno para eso están as cartulinas, que o expulse e fora, pero non. Sorprendentemente para propios e estranos decidiu parar o partido e agocharse no vestiario ata que viñese a Benemérita e de camiño aínda lle dou tempo a expulsar a un dos nosos, M. Pontellón. Máis de media hora estivo encerrado mentres tanto nós como o equipo rival, o Lavacolla, estábamos perplexos pola situación.
Reanudouse o partido, o Furia aguantou o que puido e incluso tivo ocasións para poñerse por diante, pero case todo o partido con 10 e logo con 9 por unha nova expulsión, antoxábase misión imposible. Acabaron meténdonos 3.
O colexiado acabou poñéndolle unha denuncia ao noso adestrador. Falando logo, cos do outro equipo e tal, seica xa é coñecido por andar en rollos de denuncias polo tema do fútbol, bueno un mamón. E inda por riba ao marchar o arbitro xa no seu coche ensinoulle unha placa de policía ao noso entrenador e díxolle que xa o engancharía por aí, vaía personaxe.
O once inicial do Furia a.c. foi: Peixe, Miki, Nevero, Nena, Juán, X.Cotón, M. Pontellón, The Night, Álvaro, Lula e Tito. No banco: Flores, Ramón, A. Martinez, Martín e Jo.
Tras esta xornada atopámonos xusto na metade da táboa, de 9º con 18 puntos, 23 goles a favor e 28 en contra. A próxima xornada de liga visitaremos o campo do Abanqueiro que ocupa a 7º posición a tan só 1 punto de diferenza nosa.
Pero non nos podemos olvidar que este xoves debutaremos na Copa do Sar no noso campo fronte ao Lestedo, esperemos colleitar un bo resultado e que haxa unha boa entrada no Municipal de Campaña.

En canto ao xa famoso cumpreanos de "Mac" e de " O Pistolas" decir que houbo un gran ambiente e que para nada afectou ao resultado do partido, pese ao que diga algunha das seccións máis intransixentes da afección verdiblanca.

Esto foi todo. Sempre Furia!!

viernes, 30 de noviembre de 2007

1 puntiño

Que pasa chavales! Teño que pedir disculpas pola tardanza nesta xornada en analizar o partido deste domingo pero diversos problemas alleos totalmente á miña persoa fixeronme imposible a redacción dun novo artigo, pero como diría o outro "nunca es tarde cuando la dicha es buena".
Pois como toma título este artigo, 1 puntiño foi o que se levou o Furia do sempre campo hostil do Bastavales nesta ocasión tendo como anfitrións ao Brión. Foi un partido onde non pasará a historia por ningún motivo en especial. Comezamos golpeando nós primeiro, outra vez Lula, que pouco a pouco vai recuperando ese olfato goledor que lle permiteu recadar nas filas verdiblancas. O xogo do Brión non foi nada vistoso, so creaban perigo en xogadas a balón parado, grazas a que tiñan nas suas filas a un dos homes máis altos da categoria "tipo Yao Ming". Pois sin un xogo nada definido, o Brión conseguiu empatar nunha xogada onde a pouca dureza no mediocampo do Furia ao acompañar e deixar que o seu interior chegase a liña de fondo dende o medio campo e dese o chamado pase da morte ( dito pase tamén o dou A. Martinez neste mesmo campo) e que o seu dianteiro establecese o empate a 1 no electrónico.Pero a primeira metade non ía rematar así senón que Tito ía levar ao nosos cun gol de vantaxe ao descando, para escoitar as verbas de Mac.
A segundo metade foi bastante trapalleira, eles a rachar balóns, nós bueno coma sempre fallando unha media de 6 mans a mans co porteiro, e por último un arbitro que tiña pinta de ser bo chaval e ata era amigo de Salinas, pero realmente non se enteraba de nada. Expulsou a Paja sen ter por que e asubiou unha falta inexistente que provocaria o gol do empate do Brión. Gol con bastante fortuna, porque tras un despexe de puños de Peixe o balón vai bater na cabeza dun adversario con toda a fortuna que acaba dentro das redes. Esto a 10 min. do final e cando o Furia xa non puido reaccionar.
A verdade e que fixemos máis méritos para levarnos os tres puntos, pero cando se fallan as continuas ocasións tan claras das que dispoñemos acabamolo pagando.
O once co que saltou o Furia ao terreo de xogo foi : Peixe, Miki, Ronaldinho, Nevero, Nena, Moncho, Manolito, Melenas, Álvaro, Tito e Lula. No banco: Flores, Paja, Xavi, Martín e Salinas.
Tras este encontro subimos un posto ata o 7º con 18 puntos, 23 goles a favor e 25 en contra. O vindeiro domingo enfrontámonos no municipal de Campaña ao Lavacolla, que se atopa no 12º lugar da clasificación a 4 punto noso, esperemos que haxa unha boa afluencia de público.
Esto foi todo. Sempre Furia!!

ahhhhh!!! e quérolle mandar dende aquí unha aperta tanto a Moncho como a Mac que este sábado celebran o seu cumpreanos, cunha festa tipo coma as de "RONALDO" jejeje

lunes, 19 de noviembre de 2007

Furia a.c. - Suma e sigue

Logo de catro xornadas sen coñecela victoria o Furia a.c. volveu a sumar 3 puntos que lle permiten non descolgarse do grupo de equipos que comandan a clasificación. Unha victoria importantante nun dia onde a típica climatoloxía que por estas datas acostumamos ter polas nosas terras (frío e choiva) xa apareceu fronte a un rival nada propicio para poder asistir a un bo partido de fútbol. Digo esto porque creo que o Carreira foi o peor rival co que se enfrentou o noso equipo ata o momento. Se ata o de agora a diferenza máis notable que poidemos atopar no cambio de categoria foi unha mierande seriedade dos equipos rivais, tanto a nivel deportivo como organizativo, este domingo o Carreira volveunos recordar tempos pasados. Chegaron tarde, mal e arrastro. Tarde, porque chegaron sobre 15 min. antes do encontro e nin quentaron. Mal, porque viñeron 11 xogadores xustos e a presenza de público visitante foi inexistente. E arrastro, porque a imaxe que deron sobre o terreo de xogo foi de desgana e apatía.
Todos estos factores fixeron que o Furia a.c. non realizara un brillante partido, porque ao meu parecer se un rival non está disposto a competir e dificil xogar. O Furia fixo un partido serio. Unha aplastante posesión de balón, que ao mellor non se traduceu en moitas ocasións pero permiteu que o equipo tivese o mando do partido e que o noso porteiro apenas tivera que intervir. Foise o descanso cun 1-0, gol de Lula que volveu a ter o premio que todo dianteiro necesita. Unha primeira parte onde o Furia saltou ao campo cun sistema non habitual, pero que está moi de moda no fútbol a alto nivel como é un 4-3-3; esquema en teoría máis ofensivo pero que propinou unha excesiva concentración de homes no ataque verdiblanco que limitaba a fluidez xo xogo. Na segunda metade volveuse ao 4-4-2 e puídose apreciar certa melloria. Cun rival mermado fisicamente e coa frescura dos homes que saltaron dende o banco o Furia acabou goleando ao Carreira. Outro de Lula, un bo gol de Flores e o derradeiro do sempre expeditivo Rober Paja acabaron por poñer 0 4-0 final no marcador e deixar 3 puntos en terras valguesas nun Municipal de Campaña que non presentou unha boa entrada.
Con xa 12 xornadas consumidas do campionato, o Furia a.c., pese a victoria, mantense 8º na clasificación con 17 puntos ( 5 gañados, 5 derrotas, 2 empates ), 21 goles a favor e 23 en contra. A próxima xornada volveremos visitar o campo do Bastavales , pero nesta ocasión para enfrontarnos contra o Brión/San Félix, que ocupa a 7ª posición cos mesmos puntos que nós.
Esto foi todo. Sempre Furia!!

lunes, 29 de octubre de 2007

Furia a.c.- Mal partido e un adeus

Esta era unha boa oportunidade para lavar a cara do mal resultado obtido polo noso equipo a xornada pasada coa derrota por 10 - 3, pero a cara aínda segue sucia. Escapáronse de novo como na primeira xornada 3 puntos do municipal de Campaña, esta vez fronte ao Conxo, que apenas tirou un tiro a meta pero marchou cun importante 0 - 1. Digo mal partido porque un equipo xogando na casa e coa calidade que creo ten este equipo, debe xogar máis e mellor, polo menos na casa, para contentar a unha das mellores afeccións da comarca. Poucas ocasións, moitos erros, e demasias expulsións nun encontro onde non sucedeu nada. M. Pontellón, The Night, Tito e Flores (este non xogou pero dende a bancada dirixiu graves acusacións ao arbitro: "eres un fillo de puta, habíabos que matar a todos!!) foron expulsados e non poderán axudar ao equipo verdiblanco o vindeiro fin de semana na sús saída ao campo de As Cancelas contra o Amio.

Quen tampouco axudará a partires de agora ao equipo é Toñito que decideu abandoar o barco cando a viaxe xa comezara e dar un paso de xigante na sua carreira futbolística e fichar no Cordeiro f.c., jajajaja... sen comentarios.

Pois este último resultado da xornada nº 9, sitúa ao Furia a.c. na posición nº 7 con 12 puntos, 14 goles a favor e 20 encontra.

Esto foi todo

1ª División - ola e adeus

Na primeira edición deste novo blog, temos que comezar decindo ola aos amigos que nos visiten por primeira vez e desexando que o fagan a cotío.
Ola!, tamén llo temos que decir ao novo entrenador do Sevilla: Manolo Jiménez, que tralo adeus do xa ex-técnico sevillista Juande Ramos a terras inglesas para intentar cambiar o rumbo dos "spurs" na Premier, este sentouse por primeira vez nun banquillo de primeira e conseguiu devolver aos do Nervión o fútbol que os levou a ser a envexa de toda Europa.
Este bo facer do equipo hispalense propinou por outra banda, que teñamos que decir adeus a Quique Sánchez Flores, que foi destituido nesta madrugada tralo pésimo xogo e resultado que acadou no Pizjuán, pese a que o Valencia sexa 4º na clasificación só a 4 puntos do líder. Pero xa sabemos que dende o entorno "che" xa se tiña pededido con anterioraidade a cabeza de Qique. Unha afección moi esixente que dificulta o traballo do adestradore, pese a que este non sexa especialmente do meu agrado.
Por outra banda, tanto R. Madrid e Barsa gañan nos seus respectivos estadios, non sen apuros, contra dous rivais que a priori partían como inferiores, pero isto é a Liga Española...
No Camp Nou, soporifero partido con 2 goles con pólemica, con Messi que saltou dende o banco e volveu a marcar, e xa van 7; un Ronaldinho que dende o incio da liga está pasando sen pena nin gloria polos terreos de xogo e que de novo foi sustituído. Henry marcou o primeiro.
O Real Madrid pese o resultado enganoso de 3 - 1, non volveu a xogar ben e tivo que remontar o 0 - 1 do deportivista Xisco no minuto 2. Esta remontada sería imposible sen dous nomes claves: Guti H. e Raúl. O primeiro volveu a demostrar porque é un dos mellores pasadores de último pase do mundo e o segundo polo de sempre, porque é o mellor. Desta volta tocoulle entrar na quenda de rotacións de Schuster, entrou no minuto 60. Foi tocar o céspede e o Bernabeú mudou de actitude, tanto os afeccionados como os xogadores blancos: garra, loita, compromiso,... e sobre todo gol que valeu para conseguir 3 puntos para o lider e que 13 anos despois do seu debut na Liga pese a que moitos lle queiran decir adeus, él contestalle con goles.
O resto da xornada deixanos un Atl. de Madrid que venceu a domicilio pola mínima ao Levante, e este ano si que parece que pode estar na loita polos postos champions, cun gran Kun e Forlán que volveu a marcar. Tamén nos deixou a goleada do Zaragoza ao Villareal (4- 1), pese ao gran momento que estaba a vivir o submarino amarelo. Houbo dous empates a 2 tantos, primeiro o Mallorca - Espanyol, dous equipos en forma e cunha gran artillería ofensiva; e o Osasuna - Valladolid, onde os puzelanos deixaron escapar un renda de 2 goles no Reino de Navarra, e donde podemos destacar a actuación do xoven caboverdiano Dady autor dos dous goles rojillos. No Sardinero, o Racing venceu 2 - 0 a un Getafe que práctica bo fútbol pero non logra resultados e ademais deixounos un bo gol do racingista Oscar Serrano. No estadio da Nueva Condomina o Murcia venceu nun soso partido ao Recre que acada a 4 derrota consecutiva e sin anotar un só gol. E xa por último un clásico partido de 1ª na "Catedral" entre o Bilbao e o Betis, que non tivo xogo ningún e pintaba mellor do que foi, o resultado resume o partido (0 - 0). Esto foi todo.