viernes, 30 de noviembre de 2007

1 puntiño

Que pasa chavales! Teño que pedir disculpas pola tardanza nesta xornada en analizar o partido deste domingo pero diversos problemas alleos totalmente á miña persoa fixeronme imposible a redacción dun novo artigo, pero como diría o outro "nunca es tarde cuando la dicha es buena".
Pois como toma título este artigo, 1 puntiño foi o que se levou o Furia do sempre campo hostil do Bastavales nesta ocasión tendo como anfitrións ao Brión. Foi un partido onde non pasará a historia por ningún motivo en especial. Comezamos golpeando nós primeiro, outra vez Lula, que pouco a pouco vai recuperando ese olfato goledor que lle permiteu recadar nas filas verdiblancas. O xogo do Brión non foi nada vistoso, so creaban perigo en xogadas a balón parado, grazas a que tiñan nas suas filas a un dos homes máis altos da categoria "tipo Yao Ming". Pois sin un xogo nada definido, o Brión conseguiu empatar nunha xogada onde a pouca dureza no mediocampo do Furia ao acompañar e deixar que o seu interior chegase a liña de fondo dende o medio campo e dese o chamado pase da morte ( dito pase tamén o dou A. Martinez neste mesmo campo) e que o seu dianteiro establecese o empate a 1 no electrónico.Pero a primeira metade non ía rematar así senón que Tito ía levar ao nosos cun gol de vantaxe ao descando, para escoitar as verbas de Mac.
A segundo metade foi bastante trapalleira, eles a rachar balóns, nós bueno coma sempre fallando unha media de 6 mans a mans co porteiro, e por último un arbitro que tiña pinta de ser bo chaval e ata era amigo de Salinas, pero realmente non se enteraba de nada. Expulsou a Paja sen ter por que e asubiou unha falta inexistente que provocaria o gol do empate do Brión. Gol con bastante fortuna, porque tras un despexe de puños de Peixe o balón vai bater na cabeza dun adversario con toda a fortuna que acaba dentro das redes. Esto a 10 min. do final e cando o Furia xa non puido reaccionar.
A verdade e que fixemos máis méritos para levarnos os tres puntos, pero cando se fallan as continuas ocasións tan claras das que dispoñemos acabamolo pagando.
O once co que saltou o Furia ao terreo de xogo foi : Peixe, Miki, Ronaldinho, Nevero, Nena, Moncho, Manolito, Melenas, Álvaro, Tito e Lula. No banco: Flores, Paja, Xavi, Martín e Salinas.
Tras este encontro subimos un posto ata o 7º con 18 puntos, 23 goles a favor e 25 en contra. O vindeiro domingo enfrontámonos no municipal de Campaña ao Lavacolla, que se atopa no 12º lugar da clasificación a 4 punto noso, esperemos que haxa unha boa afluencia de público.
Esto foi todo. Sempre Furia!!

ahhhhh!!! e quérolle mandar dende aquí unha aperta tanto a Moncho como a Mac que este sábado celebran o seu cumpreanos, cunha festa tipo coma as de "RONALDO" jejeje

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Ojala Adrian Martinez se recupere pronto das suas lesions, o equipo está visto que necesita del como o cego pola vista.
Animo Adrian,

Anónimo dijo...

creo q e o momento de combocar unha manifestacion para q todos poidamos demostrar ao noso perera "bota de oro" particular q conta co noso apoio e sempre estaremos con el.sabado dia 1 as doce no teleclube de cordeiro:FLOWER POWER

Anónimo dijo...

Dixo Pepiño "Zoco" o que non estea preparado, carretera. Agora son amigo de juardia civil da Illa.

Anónimo dijo...

Hola rapaces, parece ser que o cumpreanos de Mac e Ramón tivo a súa repercusión no partido de hoxe. Tanto falar das vellas Glorias e estes son peores, non sei se non terán que volver o campo de xogo. El Pollo titular. Ála Furia. Cañota os domingos os partidos xa non son o mesmo sen ti. Onde carallo te metes?.
Bicos al POLLO.

Anónimo dijo...

moi bo partido onte, ten rasón beibirró, e millor que volva pollo.
Vou facerlle aquí unha pregunta a kañota: "¿Elo como non lle deches a man o arbitro onte?"

Anónimo dijo...

non lla dou a calquera,xa vexo que sodes moi observadores,tampouco lla dou a cabesablanca e ninguen se queixa ja,ja,ja,ja,je,je,....en canto a miña situacion no campo estou medio asustado pois desde que viñemos de baño para campaña perdin un pouco o sitio

Anónimo dijo...

xa quixera eu ver como lle das a man a cabesa blanca, un momento histórico, aínda que dado o caso dirás que non foi verdá, ijualiño que cando o chato reneja dos primos que non lle justan.
jejjejeje
un saludo, ti xa sabes quen son, pola miña forma de escribir,jejejeje