Logo de catro xornadas sen coñecela victoria o Furia a.c. volveu a sumar 3 puntos que lle permiten non descolgarse do grupo de equipos que comandan a clasificación. Unha victoria importantante nun dia onde a típica climatoloxía que por estas datas acostumamos ter polas nosas terras (frío e choiva) xa apareceu fronte a un rival nada propicio para poder asistir a un bo partido de fútbol. Digo esto porque creo que o Carreira foi o peor rival co que se enfrentou o noso equipo ata o momento. Se ata o de agora a diferenza máis notable que poidemos atopar no cambio de categoria foi unha mierande seriedade dos equipos rivais, tanto a nivel deportivo como organizativo, este domingo o Carreira volveunos recordar tempos pasados. Chegaron tarde, mal e arrastro. Tarde, porque chegaron sobre 15 min. antes do encontro e nin quentaron. Mal, porque viñeron 11 xogadores xustos e a presenza de público visitante foi inexistente. E arrastro, porque a imaxe que deron sobre o terreo de xogo foi de desgana e apatía.
Todos estos factores fixeron que o Furia a.c. non realizara un brillante partido, porque ao meu parecer se un rival non está disposto a competir e dificil xogar. O Furia fixo un partido serio. Unha aplastante posesión de balón, que ao mellor non se traduceu en moitas ocasións pero permiteu que o equipo tivese o mando do partido e que o noso porteiro apenas tivera que intervir. Foise o descanso cun 1-0, gol de Lula que volveu a ter o premio que todo dianteiro necesita. Unha primeira parte onde o Furia saltou ao campo cun sistema non habitual, pero que está moi de moda no fútbol a alto nivel como é un 4-3-3; esquema en teoría máis ofensivo pero que propinou unha excesiva concentración de homes no ataque verdiblanco que limitaba a fluidez xo xogo. Na segunda metade volveuse ao 4-4-2 e puídose apreciar certa melloria. Cun rival mermado fisicamente e coa frescura dos homes que saltaron dende o banco o Furia acabou goleando ao Carreira. Outro de Lula, un bo gol de Flores e o derradeiro do sempre expeditivo Rober Paja acabaron por poñer 0 4-0 final no marcador e deixar 3 puntos en terras valguesas nun Municipal de Campaña que non presentou unha boa entrada.
Con xa 12 xornadas consumidas do campionato, o Furia a.c., pese a victoria, mantense 8º na clasificación con 17 puntos ( 5 gañados, 5 derrotas, 2 empates ), 21 goles a favor e 23 en contra. A próxima xornada volveremos visitar o campo do Bastavales , pero nesta ocasión para enfrontarnos contra o Brión/San Félix, que ocupa a 7ª posición cos mesmos puntos que nós.
Esto foi todo. Sempre Furia!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
41 comentarios:
FLORES, SELECCIÓN GALEGA, XA!!!!
flores tiular,é o roni do furia....
eu creo q ides quedar de 14 como moito, hai q ter en conta o baixon típico do furia a final de temporada.
a rañala...
como sempre louis van gaal demostrando o seu coñecemento do mundo futbolistico
Ola son Flores quero dar grazas a todos aqueles que me estám apoiando, pagareivolo no campo. ata sempre
eu creo que o furia acabara de campeon ai equipo
a e con respeto a flores o que debia e quedar na casa paquete xente asi non debe xogar o futbol
Xavi e Flores. E mellor que vos dediquedes a podar.
VIVA KACHAFEIRO!!!!
eu penso q salinas ten q ser titular e capitan.
ai keda eso.
javi, xoga ó truco q eres bo, si como ó futbol
salinas titular!!!!!!
puff! que mal ta a xente. Por aí coma Casano,ou jo, ou martines, que un día destes vaille dar aljo no terreo de xogo.
Como din os anónimos, dedicadevos a poda, que sempre lle poderedes joder 4 pesos a un vello que lle fajades falta pa podar, que do futbol non ides quitar nada.
Tamén tou de acordo no de: "javi, xoga ó truco q eres bo, si como ó futbol", o teu non é nin o futbol nin o truco, o teu é ... Bueno qué é o teu? Porque no sabe nadie.
interesante afección no partido contra o Brión, unhas rapazas de idades comprendidas entre os 60 e os 80 anos, ven provistas por un tambor infernal que lle rompía a cabeza a un Santo e unhas voces como para facer " El Grito 3", arremetían contra todo aquel que abrise a boca para facer un cometario a favor do Furia, tal era a emoción que sentian vendo o partido que só por aplaudir un gol do noso equipo dixeron, ai! mira como aplauden estas "sorras", non podiamos imaxinar que unhas pobres avoas tiveran tanto veneno no corpo. Menos mal que quedamos a douses, se non, pobre de nós.
Esto si que é fútbol de aldea. ¡ Ala Furia !.
MOITAS FELICIDADES A MAC E A RAMÓN,
QUE ESTÁN DE CUMPREANOS ESTA SEMANA.
eu defendo o meu once:
1peixe, 2paja, 3roni, 4nena, 5miqui, 6nebero, 7manu, 8adrian (sempre que se poña a xogar coma antes) 9lula, 10the night, 11tito.
poderia entrar flores, pero creo que ten que deixar de ser tan vajo, xavi deberia de entrenar un pouco mais (comer menos) e volver o xavi que era con 16-17 anos...
e a miña opinion, non conta nada, pero polo menos deixoa, e bueno, o de sempre, ala furia!!!!
Pois o meu once de toda a historia do Furia sería: Peixe, Fachekis, Nena, Micky, Nevero, Polo, Pontellon, Patrini, The Night, Tito e Fresco.
¡¡¡Quen mellora esto!!!
xavi, justariame que fixeras aqui unha votacion de aber cal e o mellor xogador da historia recente do furia... mellor porteiro mellor defensa mellor medio mellor dianteiro e mellor entrenador
O meu equipo e: Cañi, Salinas, Fran Cancela, Fran Ferrador, Mick Mahoma, Cholo, Romano Sion, Lapolla, Trigullas, Pelivermello e Ratoncito Anxo.
Julio Huevas, Tiniño, Paco G., Che quietan, Selalleta, Cacharrito, El pollo, Patrini, Chema Lago, Peque e Moure.
ó mellor os consellos de mandar á peña a podar son maravillosos,¿pero sabedes como se encende unha tixeira de podar?
pero a quén poñedes de equipo, " bellas glorias ", estes si que tiñan que ir podar.
martines titular, ala Furia.
esperemos que o cumpreanos de Mac e de Ramón non afecte ao partido do domingo, aínda que xa están ben acostumados a ir de festa.Ese Furia¡¡
Hola son Martinez dende o traballo.
Solo darlle grazas a afeción polo apoio e epero de dirfrutar dalguns minutos pa demostrarvos a todos o fútbol que levo dentro despois dunha racha de convalecencia.
¡ HALA MADRID !
ok martinez, as tardes de domingo comendo pipas no banquillo non son as mesmas sin ti.
xa me chega co das pipas pero o do madrid xa non vai mais.¡¡¡que lles den polo q os corruptos do madrid e os seguidores da sua causa!!!!!
os que vaiades o cumple ter coidado con "Beibirró" que bebe moito.animo martines a ver si casas pronto para convertite nun historico do furia.
jimmi eres un pelota
Rober "Paja" tamén titular.
Hola outra vez, son Martinez.
No Furia hai ovellas nejras e o tempo pora a cada un no seu sitio.
Ainda que estes últimos anos estiven afectado por diversas lesións, respeto a opinión da xente cando di que son un xogador de CRISTAL.
Dalle ti Salinas que tes moi bo tiro desde a media.
¡ Hala Madrid !
a ver cando volve a xojar el pollo e tamen o gato
dalle ti martines que es moi bo, ti e mais javino, xunto con jo,fasedes un bo equipo, lastima que non vos mandaran os tres a sachar unha leira de millo, ainda que non fariades nada, ijual que no campo.
Pd. Sejide inventando lesións pa desir que por eso e polo que non xojades.
javinoooooooooooo, crea unha nova entrada que esta xa ten moitos comentarios.
flores e cassano os tribunais
o meu equipo historico e o que sigue: O JATO DA TORRE(Nº1),JIMMI(Nº2),O CHINO KACHARIS(Nº3),TOÑO GALLEGO(Nº4),FRAN O NEJRO(Nº5),DANI DE CHARO(Nº6),ROBERTO TAJA(Nº8),BORIS(Nº9),CARLITOS O PULJA(Nº10)E LAPOLLA(Nº11) O BANQUIÑO:ADRIAN MARTINEZ,XR,DIEGO FERRO,POLI E KAPIRUCHO (UN INCOMPRENDIDO DO FUTBOL E UN GRAN COMPRENDEDOR DO XERREO.ALJO E ALJO)
PARA MIN O 11 INICIAL DO FURIA E
GATO,BERTE C,LINEKER,SAMUEL LOSAS,JORGE CHAMPIÑON,TOÑITO CASTEJANO,ADRIAN MARTINES,FLORES,CHULEGA,SUSO BOUSON E MAQUINILLO COAXE.
SUPLENTES:
FRAN CANSELA,PACO GRANDE,CACHARIS,NEVERO E SATURNINO
o que di que son un gran comprendedor do xerreo, antes que mirarse para el, e aquí dijo que se eu volvera o futbol, moita leña iba a aber e sejuramente lle quitaria o posto a xente que non vale pa nada, como son moitos dos mencionados nestes comentarios.
Un once titular de categoría podía ser: Peixe, Nena, Mary, Rony, Tito, The Night, Bea, Miky, lula e Laura Chapas.
No banquillo: Moncho, Peixiña, Casano, Flores e Adrian Mtnez.
falta o clasico susich po furia...pero cunha ambulancia fora do campo esperandoo
o once titular anterior, pa que sería, pa un partido de futbol, ou pa unha festa de xerreadores, por que tanto a uns como a unhas englobaríaos, na festa de xerreadores, que non lle justa a ningún
sabedes ken e markos esperon!!!!!ese era o fixaje do furia.1 interior izkierdo ou 1 centrl kmo dios manda.louis van gal
ruben bodaño po furia!!!1 krak na banda dereita.fixadeo!!!!!!!!!!
Publicar un comentario